Sunday 28 de April de 2024

Eduardo Parga presenta un proxecto co que ‘consolidar a Malpica á vangarda comarcal’


• Eduardo Parga presentou esta tarde a súa candidatura respaldado polo presidente do PP provincial, Diego Calvo.

• 9 mulleres e 9 homes integran unha lista que ten por finalidade revalidar a alcaldía o vindeiro 28 de maio.

• “Queremos darlle continuidade ao bo traballo feito ata o momento, dotando a Malpica de maiores servizos e infraestruturas”, sinalou Parga Veiga.

O proxecto do Partido Popular de Malpica, encabezado polo seu presidente e alcalde do municipio, Eduardo Parga, comezou a súa traxectoria esta tarde coa presentación da candidatura para revalidar a alcaldía o vindeiro 28 de maio.

O acto, celebrado no Centro Cívico de Malpica, serviu para dar a coñecer a lista das 18 persoas integradas nun proxecto co que, en verbas de Eduardo Parga; “queremos darlle continuidade ao bo traballo feito ata o momento, dotando a Malpica de maiores servizos e infraestruturas”.

Na súa intervención, Parga instou na importancia de “avanzar sempre da man dos sectores produtivos, coas miras en facer de Malpica un lugar atractivo para vivir e traballar”, ademais, tamén sinalou que “o noso proxecto sabe que Malpica é diversa; é mar e é terra; é industria e é artesanía, polo que brindaremos todo o noso apoio a todos e todas os profesionais do tecido produtivo malpicán.

O presidente dos populares locais tamén animou a confiar “no traballo feito nos últimos anos, nos que puidemos dotar a todo o municipio de novos servizos e infraestruturas como o Centro de Día, unha eterna promesa que convertemos nunha realidade”.

Pola súa parte, o presidente dos populares na provincia da Coruña, Diego Calvo, quixo destacar que “o proxecto de Eduardo Parga é un proxecto de presente e de futuro para Malpica” e remarcou que “sen lugar a dúbidas, o vindeiro 28 de maio serán as urnas as que recoñezan o seu bo facer”.
Ao remate, Parga Veiga agradeceulle a todo o equipo que o acompaña “o seu inesgotable traballo durante tanto tempo e o seu compromiso para avanzar entre todos cara unha Malpica mellor”, sinalou.

LISTA COMPLETA

1. EDUARDO JOSE PARGA VEIGA
2. MIGUEL ANGEL FERNANDEZ MIRÁS
3. NOELIA FREIJEIRO NOVO
4. MARIA SOLEDAD BLANCO GORIN
5. RODRIGO MATO GARRIDO
6. LUIS MIGUEL FERNANDEZ GARCIA
7. JULIO JOSÉ VILA DÍAZ
8. MARIA DEL PILAR DOLDÁN POSE
9. IAGO ESPASANDÍN VARELA
10. MARÍA ISABEL SUÁREZ SANTIAGO
11. EVA ÁLVAREZ FERNANDEZ
12. ALBERTO VÁZQUEZ CAMBRE
13. ADRIANA COUTO BLANCO
14. MARÍA DEL CARMEN PÉREZ GONZALEZ
15. ÓSCAR MANUEL GÓMEZ PARDO
16. CARMEN MILLE RODRIGUEZ
17. MARÍA TERESA ROJO NOVO
18. JOSÉ CAMBRE GARCÍA